Asemblea Xeral FGB: decidida a Normativa para a temporada 2013 – 2014

A Federación Galega de Baloncesto celebrou o sĆ”bado, 29 de xuƱo, a sĆŗa Asemblea Xeral, cita indispensable para asentar e decidir a regulamentación definitiva que rexerĆ” as competicións FGB na temporada 2013 – 2014, etapa que hoxe mesmo comeza.

A Asemblea Xeral, celebrada en horario de tarde en Santiago de Compostela, procedeu, en función da orde do día, a votar as diferentes emendas ao Regulamento Xeral FGB, así como Ôs Normas para as Competicións oficiais, aprobados ambos aspectos, previamente, pola Comisión Delegada.

Nun ambiente de total cordialidade, estableceuse a documentación definitiva que atinxe Ôs Bases de Competición, material que se poderÔ consultar desde este mesma semana nesta propia web; así como tamén se deu resposta aos diferentes rogos e preguntas que presentaron os asembleístas.

asamblea

Memoria de traballo
A Asemblea Xeral permitiu a sĆŗa vez coƱecer, por boca dos seus responsables directos, o resumo de actividades realizadas pola FGB, a travĆ©s das sĆŗas diferentes Ć”reas (directiva, deportiva e arbitral) na temporada 2012 – 2013.

O Presidente FGB, Francisco Martín; o Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez; e o Responsable da parcela técnica, Carlos Colinas; dirixíronse aos presentes repasando e analizando todo o traballo realizado e as conclusións extraídas.

As súas intervencións, así como un detallado resumo do que foi a temporada, preséntanse de xeito oficial no Informe Anual FGB que se achega, a continuación, en formato .pdf.

Informe Anual Bloque 1
Informe Anual Bloque 1

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram