Asemblea Xeral FGB: aprobada a Normativa para a temporada 2017 – 2018

A Federación Galega de Baloncesto celebrou na tarde do sábado, 10 de xuño; a súa Asemblea Xeral correspondente ao ciclo competitivo 2016 – 2017.

Un total de 19 asembleístas acudiron á convocatoria oficial realizada pola FGB na que se presentou o informe oficial das diferentes áreas FGB e, posteriormente, someteuse a votación e aprobación o Regulamento e Normativa para as competicións oficiais FGB 2017 – 2018.

O citado informe oficial pode consultarse xa nos documentos que se achegan. Pola súa banda, ás Bases de Competición FGB 2017 – 2018 estarán disponibles na nosa web en vindeiras datas.

Informe FGB 2016 – 2017. Bloque 1.
Informe FGB 2016 – 2017. Bloque 2.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram