Asemblea Xeral FGB: aprobada a Normativa para a temporada 2016 – 2017

A Federación Galega de Baloncesto celebrou na tarde deste sábado, 11 de xuño; a súa Asemblea Xeral correspondente a presente temporada 2015 – 2016.

Nesta convocatoria, na que se deron cita un total de 27 asembleístas; presentou o resumo oficial das diferentes áreas de traballo federativas e, posteriormente, someteu a votación, coa súa conseguinte aprobación, o Regulamento e Normativa para as competicións oficiais FGB para o ciclo 2016 – 2017, de inicio inminente.

A citada normativa, trasladada ás Bases de Competición FGB 2016 – 2017, poderá consultarse na web oficial FGB en vindeiras datas.

Memoria 2015 – 2016
A Asemblea Xeral FGB foi tamén o escenario perfecto para presentar o informe de traballo das diferentes áreas federativas, encabezadas polo seu presidente, Francisco Martín.

Os responsables de cada departamento FGB deron conta da memoria de actividades da temporada 2015 – 2016, unha exposición que xa está dispoñible en papel, xunto a esta información, para a súa consulta pública.

Informe FGB 2015 – 2016: bloque 2
Informe FGB 2015 – 2016: bloque 1

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram