Asemblea Xeral FGB: aprobada a normativa 2020 – 2021

A Federación Galega de Baloncesto celebrou na tarde do mércores, 15 de xullo, a súa Asemblea Xeral Ordinaria dunha temporada, a 2019 – 2020, marcada pola irrupción da COVID19 en todos os ámbitos. Con sede en Santiago de Compostela; 38 asembleístas dun total de 72 convocados compareceron para coñecer en primeira persoa as memorias da actividade de cada área de traballo FGB, así como someter a votación, previo intercambio de opinións, as emendas presentadas a Normativa para a nova temporada 2020 – 2021, sempre supeditada esta aos escenarios sanitarios que marquen as autoridades.

As indicadas Bases de Competición e Regulamento poderán consultarse nos vindeiros días. Pola súa parte, os informes correspondentes a Área arbitral e Área Deportiva, así como a global da temporada 2019 – 2020 quedan xa a disposición de todos para a súa consulta.

Informe de Actividades FGB 2019 – 2020: Bloque 1
Informe de Actividades FGB 2019 – 2020: Bloque 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram