Asemblea Federación Española de Baloncesto: O Número 14 une ao Baloncesto Español

O máximo mandatario da Federación Galega, Francisco Martín; membro da Comisión Delegada FEB, tomou parte, dende a mesa presidencial, desta Asemblea, celebrada este sábado, 8 de xuño, en Madrid.

(Info:FEB)

O ano 2014 será un dos máis importantes do baloncesto español e a Asemblea Xeral da FEB, na que participou activamente o presidente FGB, Francisco Martín, membro da Comisión Delegada FEB; apostou pola unidade co número 14 como referencia para o presente e o futuro.

A Asemblea Xeral da Federación Española, celebrada este sábado, 8 de xuño; Baloncesto comezou coas palabras de David Villaverde, director xeral de deportes do CSD, que deu a bienvenida aos asistentes e afirmou que “no baloncesto hai pouco marxe de mellora, porque a Federación está nun momento extraordinariamente bo, coa axuda de todos os estamentos”.

Tamén dixo que “é bo que nestas Asembleas haxa debate, haxa intercambio de opinións porque sempre é bo para crecer”.Posteriormente o secretario xeral da FEB, Luís Giménez, informou que se acreditaron 71 membros da Asemblea Xeral, o que proporciona “quorum” necesario para comezar e deu paso a un video cos fitos máis importantes do baloncesto nesta tempada 2012/13, desde a Selección Senior Masculina ata o baloncesto de base, pasando polas competicións, os campionatos, os adestradores, a modalidade 3×3…

José Luís Sáez comezou o informe do presidente recordando a “un dos meus principais colaboradores, Rafael Rojano, porque esta é a miña primeira Asemblea sen el” e informou que se lle entregará o próximo mes, a título póstumo, a medalla de ouro e brillantes da Federación.

OS 14 GRANDES FITOS DA TEMPADA 2012-13
Tamén quixo deixar claro que “neste traxecto estamos á beira das institucións, as Federacións, os clubs, os adestradores, os árbitros, os medios de comunicación…e xunto a eles conseguimos ser un referente na actualidade”. Logo foi enumerando os “14 grandes fitos” desta tempada 2012/13 desde a prata de Londres ata a Copa do Mundo 2014, pasando polos programas sociais, a estrutura económica, o traballo dos clubs, etc.

Sáez, logo de repasar a situación da Copa do Mundo 2014, informou que o seu director xeral, Miguel da Vila, deixa a dirección do evento por motivos persoais: “douche o meu agradecimento como presidente da FEB e como amigo. E quero que leves o agarimo desta casa e a medalla de ouro da FEB por toda esa paixón que sempre puxeches en todo o que fixeches”

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram