Asemblea Extraordinaria FGB: data e sede

A Federación Galega Baloncesto convoca a súa Asemblea Xeral Extraordinaria. A cita será o vindeiro xoves, 23 de decembro, con sede en Santiago de Compostela (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4) e coas súas convocatorias marcadas para as 17.30 h en primeira instancia, e as 18.00 h en segunda.

Esta Asemblea, convocada baixo a circular oficial nº 14 – 21/22 contemplará principalmente a Aprobación do Orzamento 2022.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram