A Federación Galega de Baloncesto anuncia a convocatoria da súa Asemblea Xeral Extraordinaria 2017 para o vindeiro 21 de decembro.
A cita terá lugar na propia sede da FGB en Santiago de Compostela (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 14) ás 17.30 h en primeira convocatoria, e ás 18.00 h en segunda: e durante a mesma porase sobre a mesa a aprobación do Orzamento 2018.
Na circular oficial FGB nº 14, emitida este mesmo venres e dispoñible para a súa descarga, pode consultarse o proceso de presentación de suxestións ou emendas no marco desta Asemblea.
Asemblea Xeral Extraordinaria – Orzamento 2018
Asemblea Xeral Extraordinaria – Convocatoria