As seleccións galegas reciben o recoñecemento de Monbus Obradoiro

Tarde para o aplauso e a emoción no Multiusos Fontes do Sar. Este domingo,26 de xaneiro; da man de Obradoiro CAB, e por sexto ano consecutivo, as selección galegas cadetes, infantís e minibasket recibiron a homenaxe do club santiagués así como do súa afección.

Minutos antes de comezar o encontro que enfrontaba aos de Moncho Fernández co Valencia Basket, as seis seleccións galegas da base nesta temporada2019 – 2020 saltaron á pista do Multiusos para formar filas no centro do Pavillón e alí, xuntos, desfrutar do recoñecemento do público obradoirista.

Esta iniciativa, que cada ano suma máis peso para converterse en tradición, naceu no ano 2015 da man da intención de Obradoiro CAB de recoñecer o traballo da base do noso baloncesto, representado neste caso polas selección galegas. Este ánimo de Obradoiro CAB de louvar o esforzo dos xogadores e xogadoras galegos permanece máis vixente que nunca neste 2020, tal e como nos sinalou José Luis Mateo, Director Xeral Obradoirista.

As súas impresións, así como o noso agradecemento ao club, materializado nas verbas do Viceprsiente FGB, Alberte Zato; quedan recollidas nesta peza audiovisual que queremos que sirva tamén como recordo a todos os xogadores, xogadoras e cadros técnicos das nosas seleccións.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram