As Seleccións Galegas Minis ante a súa última sesión de traballo

Por Fin. As Seleccións Galegas de Minibasket ven chegar a súa última fin de semana de traballo. A oito días exactos do inicio en Cádiz do Campionato de España de combinados autonómicos, os nosos equipos rexistran as súas últimas sesións de traballo. E as definitivas terán lugar este domingo 25 na Estrada (Pavillón Municipal Coto Ferreiro).

As galegas están convocadas a partires das 12.00 h e traballarán en dobre sesión: primeiro ata as 14.00h, e logo entre as 18.00 h e as 20.00 h. Pola súa banda, os xogadores ás ordes de Paula Couto madrugarán algo máis e reuniranse no pavillón a partir das 10.00 h. Dende esta misma hora e ata as 12.00 h e de 16.00 h a 18.00 h exercitaranse na pista.

Con esta xornada dominical ambas as seleccións apuran os días para coller o autobús que, definitivamente, os deixará ás portas dunha apaixoante semana (entre o 31 e o 4 de abril) na que afrontar o auténtico baloncesto, o de todo un Campionato de España.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram