As Seleccións Galegas #Mini2014 preparadas para a Competición

Galicia #Mini2014 acomódase xa en San Fernando (Cádiz), sede para o XXVII Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket, cita referente do Baloncesto de Formación que comeza mañá, sábado, 12 de abril.; e se estenderá ata o vindeiro mércores 16. 

Tras partir na noite de xoves dende Compostela e superar unha longa viaxe cargada de ilusión, a Expedición Galega toma este venres o seu primeiro contacto coa localidade de San Fernando e as súas instalacións deportivas.

Ambas as nosas seleccións, que lembremos están encabezadas por Nacho Silva en categoría feminina e Fernando Buendía en masculina; teñen marcada a súa primeira cita importante deste Campionato nos seus adestramentos previos, establecidos para esta mesma tarde, ás 19.00 h e 20.00 h, no Pavillón local de Compañía de María.

Esta será a súa última sesión preparatoria antes da desexada primeira xornada de competición da fase de grupos. Na mesma, Galicia debutará en feminino e descansará en masculino. Polo tanto, este sábado, 12 de abril, permaneceremos ben atentos ao seguinte plan horario:

SELECCIÓN GALEGA MINIBASKET FEMININA. Grupo Especial “A”

(Galicia, Aragón, Navarra, Cataluña e Canarias)

12/04/2014 – 1º Xornada

(11:30 h) GALICIA – Aragón

(11:30 h) Navarra – Cataluña

12/04/2014 – 2º Xornada

(19:30 h) Canarias – GALICIA

(19:30 h) Aragón – Navarra

SELECCIÓN GALEGA MINIBASKET MASCULINA. Grupo Preferente “C”

(Galicia, Ceuta, Aragón, Melilla e Región de Murcia)

12/04/2014 – 1º Xornada – GALICIA DESCANSA

(15:30 h) Ceuta- Aragón

(15:30 h) Melilla – Región de Murcia

Información, ao completo
Este Campionato de España de Seleccións Minibasket está xa ben presente nas redes sociais e nas diferentes páxinas atorizadas da organización e Federacións Atonómicas.

O seguimento completo da actuación de todas as Seleccións, e por su posto de Galicia, pode realizarse xa na nosa conta de twitter @FGB_Baloncesto, así como na conta da Área de Competicións da FEB @CompeticionFEB

De xeito xeral, e para empezar a coñecer todos os detalles, achegamos o Calendario Completo do Campionato e a Revista Oficial da apertura do mesmo.

Selección Galega Minibasket Feminina
Selección Galega Minibasket Masculina
Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket: calendario completo
Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket: revista oficial

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram