As Seleccións Galegas Infantís e Minis rumbo aos Campionatos de España

A expedición galega infantil e minibasket emprende esta noite de xoves a súa viaxe a terras andaluzas con grande espírito competitivo e co propósito de ofrecer a mellor imaxe do noso Baloncesto.

Un total de 48 xogador@s, 12 compoñentes do cadro técnico e cinco colexiados do CGAB representarán a Galicia nos Campionatos de España de estas dúas categorías, citas que vestirán toda unha semana (do 23 ao 27 de marzo) do Baloncesto do Futuro.

As localidades Andaluzas de Chiclana de La Frontera, Puerto Real e San Fernando concentrarán a atención do Baloncesto de Base español durante toda unha semana que hoxe empeza.

Nestas tres sedes terán lugar a partir deste sábado, 23 de marzo, os Campionatos Infantil (Chiclana e Puerto Real) e Mini (San Fernando), metas para as que xa están preparadas as seleccións galegas.

Puntuais, ás 22.00h desta noite, os galegos e galegas que representarán á nosa Comunidade partirán rumbo a terras andaluzas. Será unha viaxe na que non faltarán os nervos, a emoción e o tempo de mentalizarse para a competición.

A chegada ao destino está prevista para as primeiras horas do venres, xornada na que se levarán a cabo os últimos adestramentos e na que se repoñerán forzas de cara a estrear os calendarios de xogo.

XXX Campionato de España de Seleccións Infantís
Galicia competirá tanto en feminino como en masculino dentro da categoría especial, facendo fronte aos rivais máis fortes, aos que respectar profundamente dende o minuto cero.

Categoría Infantil Masculina Especial – (Grupo A)
Galicia, Madrid, Canarias, Comunidad Valenciana e Castilla León

Categoría Infantil Feminina Especial – (Grupo A)
Galicia, Cataluña, Aragón, Madrid e Navarra

XXVI Campionato de España de Seleccións Minibasket
En categoría Minibasket, as nosas seleccións partirán do grupo preferente, coas súas posibilidades abertas de cara a conquerir o ascenso ao grupo especial.

Categoría Minibasket Masculina Preferente – (Grupo D)
Galicia, Murcia, Extremadura e La Rioja.

Categoría Minibasket Feminino Preferente – (Grupo C)
Galicia, Cantabria, Asturias, Melillla e Ceuta

Permanecermos ben atentos as evolucións dos nosos catro equipos, a través desta web e vía twitter (@FGB_Baloncesto). E como previa á Competición quixemos recoller as impresións (nos links que se achegan) dos catro Seleccionadores, os mellores coñecedores dos seus equipos.

Selección Galega Infantil Feminina 2013
Selección Galega Infantil Masculina 2013
Selección Galega Minibasket Feminina 2013
Selección Galega Minibasket Masculina 2013
Campionatos de España de Seleccións Autonómicas Infantil e Minibasket – CALENDARIO

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram