As Seleccións Galegas Infantís e Cadetes estrean cadro técnico

Chega un novo ciclo competitivo para a Área Deportiva FGB e con el, como cada temporada, renóvase a composición do cadro técnico das Seleccións Galegas nas súas diferentes categorías. Sendo os combinados infantís e cadetes os primeiros en abrir xogo nesta 2019 – 2020, é tamén a identidade dos seus Seleccionadores e axudantes a primeira en darse a coñecer.

Coas incorporacións máis destacadas de Óscar Díaz, debutando como Seleccionador Galego en categoría cadete Masculina; e o regreso de Ruben Vázquez á cadete Feminina tras a súa pasada experiencia como seleccionador minibasket en 2018, configúrase o novo cadro técnico 2019 – 2020 do seguinte xeito:

Seleccións Galegas 2019 – 2020

Selección Galega Cadete Feminina
Seleccionador: Rubén Vázquez (Maristas A Coruña)
Axudante: David Bernárdez (CD Bosco)
Delegada: Paula García López (Universitario Ferrol)

Selección Galega Infantil Feminina
Seleccionadora: Nacary Rojas (Bosco Salesianos)
Axudante: Miguel Ángel Castro (CBCA)
Delegada: Silvia Caíño (CD Bosco)

Selección Galega Cadete Masculina
Seleccionador: Óscar Díaz (SD Tui)
Axudante: Héctor Méndez (Básket Xiria)
Delegado: Roi Vega (CB Culleredo)

Selección Galega Infantil Masculina
Seleccionador: Javier Peinó (Estudiantes Lugo)
Axudante: Sergio González (Seis do Nadal)
Delegado: Xoel Folgueiras (Santo Domingo Betanzos)

Estrea en Marín
Este novo grupo de traballo pasará a acción de xeito inminente. Así, esta mesma fin de semana, 7 e 8 de setembro, terá lugar en Marín a primeira concentración da temporada. 18 xogadores, e outras tantas xogadoras por cada preselección, están convocadas para este debut baixo unhas listas que aquí achegamos.

Preselección Galega Infantil Feminina: 07 e 08/09/19
Preselección Galega Cadete Feminina: 07 e 08/09/19
Preselección Galega Infantil Masculina: 07 e 08/09/19
Preselección Galega Cadete Masculina: 07 e 08/09/19

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram