As Seleccións Galegas Infantil e Cadete dan os seus primeiros pasos

As Preseleccións Autonómicas Cadetes e Infantís saltan á escea. Os combinados galegos de ambas as categorías comezan a súa andaina da temporada 2016 – 2017 establecendo as bases da súa estrutura e dinámica de traballo e visitando sedes xa coñecidas.

As localidades de A Estrada e Noia acollerán esta fin de semana, un e dous de outubro, o traballo das renovadas preseleccións, repartindo o traballo da categoría feminina para a vila de Noia (Pavillón Alonso Rodríguez) e os adestramentos masculinos para A Estrada (Pavillón Manuel Coto Ferreiro).

En dobre xornada e con quendas de mañá (de 10:00 h a 12:00 h) e tarde (16:00 h a 18:00 h) os actuais seleccionadores galegos comprobarán as evolucións dos xogadores e xogadoras convocados para esta segunda cita da temporada neste apartado da actualidade FGB.

Preselección Galega Cadete Masculina: 1-2/10/16
Preselección Galega Cadete Feminina: 1-2/10/16
Preselección Galega Infantil Masculina: 1-2/10/16
Preselección Galega Infantil Femenina: 1-2/10/16

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram