As Seleccións Galegas de Minibasket rumbo ao Campionato de España

– A expedición galega mini emprende esta noite de xoves viaxe a San Fernando (Cádiz). Nesta localidade andaluza disputará a partir deste sábado, 31 de abril, a XXV edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

– Galicia preséntase en Cádiz cunha expedición disposta a competir entre os mellores e coa prioridade de dar o mellor de si, tanto en categoría masculina como feminina.

– Da man de Paula Couto, en categoría masculina, e de Julia Pena, en feminina, un total de 24 xogadores vivirán unha semana de baloncesto e convivencia para a que se levan preparando dende o pasado mes de xaneiro.

As seleccións Galegas de Minibasket atópanse a escasas horas de subir ao autobús que as levará a súa particular cita co Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket.

Comandados por un corpo técnico integramente feminino, os xogadores e as xogadoras galegas afrontan desde este sábado a XXV edición dun Campionato no que participan en grupos diferentes pero coa mesma meta: competir e divertirse.

Na localidade “isleña” de San Fernando o noso combinado masculino vivirá a súa experiencia integrado na categoría Preferente, dentro do Grupo D, con La Rioja, Extremadura e País Vasco ofrecendo resistencia.

Pola súa banda, na categoría Especial amosarán do que son capaces as xogadoras galegas. En fronte as potentes seleccións de Cataluña, Aragón, Comunidad Valenciana e Illas Baleares.

O Calendario galego para os tres primeiros días de competición, datas que marcarán as opcións finais, é o seguinte:

Seleccion Galega Minibasket Masculina – Categoría Preferente Grupo D

1º Xornada
La Rioja – Galicia (31/03/12 – 13:30 horas – Pavillón Bahía Sur)

2º Xornada
Galicia – Extremadura (01/04/12 – 13:30 horas – Pavillón Parque 1)

3º Xornada
País Vasco – Galicia (02/04/12 – 13:30 horas – Pavillón Bahía Sur)

Seleccion Galega Minibasket Feminina – Categoría Especial Grupo A

0282523001333017273-seleccion-galega-mini-feminina

1º Xornada
Galicia – Cataluña (31/03/12 – 15:30 horas – Pavillón Parque 2)

2º Xornada
Comunidad Valenciana – Galicia (01/04/12 – 09:30 horas – Colexio Compañía de María)

3º Xornada
Galicia – Aragón (01/04/12 – 17:30 horas – Pavillón Parque 1)

4º Xornada
Islas Baleares – Galicia (02/04/12 – 09:30 horas – Pavillón Bahía Sur)

XXV Campionato de España de Seleccións Minibasket – Calendario Completo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram