As Seleccións FEB “U16”, de novo á escea con presenza galega

As Seleccións Españolas “U16” e “Operación Talento U16” comezan a rodar nesta próxima ponte festiva do mes de decembro, contando para esta tarefa con presenza galega.

Catro son as representantes da nosa Comunidade no apartado feminino. Blanca Millán (Peleteiro) e Paula Ginzo (Siglo XXI) están citadas para integrar a Selección “U16”, compartindo equipo con oito compañeiras chegadas de diferentes puntos do país.

Pola súa banda, e formando parte da Selección “Operación Talento U16”, a xogadora de Carmelitas Ourense, Paula Valiño, suma o terceiro nome galego a esta presente convocatoria que levará a ambas as dúas seleccións a disputar dous encontros amigables na localidade manchega de Guadalajara.

A inclusión da adestradora ourensá e colaboradora deportiva da FGB, Lucía González; dentro do equipo técnico de traballo que guiará a estas seleccións U16, completa a nómina galega no caso das féminas.

U16 Masculina

En categoría masculina, a Selección Española “U16” e a “Operación Talento U16” afrontan a partir do día 5 de decembro o “Torneo Internacional Íscar 2013”, cita na que comparecerá o xogador galego Eduardo Lada, actualmente na disciplina de Cajasol. Lada formará parte da Selección “U16” e estará ás ordes do técnico Javier Zamora.

Os detalles completos do plan de traballo que deben seguir os nosos representantes en cada caso poden consultarse nas convocatorias oficiais FEB que se achegan.

Seleccións FEB Masculinas U16 – Decembro 2013
Seleccións FEB Femininas U16 – Decembro 2013

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram