As Seleccións Cadetes en Cáceres, á espera do seu debut

Galicia está xa en Cáceres. As nosas seleccións cadetes afrontan, desde este venres, nesta cidade extremeña, o Campionato de España da súa categoría, cita que agarda ser competida e emocionante ao máximo.

 

Ambas as Selección chegan a este Campionato inmersas na categoría Especial, iniciando o seu periplo na fase previa este venres, tres de xaneiro, co seguinte plan de xogo: 

Selección Galega Cadete Feminina – Grupo Especial “B”

Castilla León, Comunidad Valenciana, Cataluña, Madrid e Galicia

(03/01/14 – 1º xornada)

(10.00 h) Galicia – Castilla León

(03/01/14 – 2º xornada)

(17.30 h) Madrid – Galicia

Selección Galega Cadete Masculina – Grupo Especial “B”

Comunidad Valenciana, País Vasco, Castilla León, Madrid e Galicia

 (03/01/14 – 2º xornada)

(19.30 h) Galicia – Comunidad Valenciana

1514079 10201824537668912 423651224 n

As seleccións adestraron esta mesma tarde no Pavillón local “Juan Serrano Macayo”

Calendario
O calendario completo que lle agarda ás dúas Seleccións, así como a lista oficial dos seus integrantes poden consultarse nos docuentos que se achegan. Así mesmo, todos os seus resultados así como o seu día a día neste Campionato poderase seguir pola conta oficial da FGB en twitter @FGB_Baloncesto, así como pola web oficial do Torneo e as súas redes sociais (@kdt2014)

 

Campionato de España de Selecciónz Autonómicas Cadetes – Calendario
Selección Galega Cadete Masculina – Campionato España Seleccións 2014
Selección Galega Cadete Feminina – Campionato España Seleccións 2014

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram