As Preseleccións Infantís viaxan a Madrid para medir forzas

(Baloncesto Torrelodones)

(Baloncesto Torrelodones)

As Preseleccións Galegas en categoría infantil afrontan esta fin de semana (1 e 2 de marzo) unha fase importante da súa preparación para o Campionato de España (Zaragoza, do 15 ao 19 de abril), un punto de inflexión en forma de Torneo Amigable que lles permitirá medir o seu actual nivel ante País Vasco, Castilla León e Madrid.

E precisamente a Federación desta última Comunidade Autónoma, a Federación Madrileña; será a anfitrioa de ambas as citas deportivas que vivirán as nosas Preseleccións, viaxando a Feminina ata Torrelodones e a masculina ata a localidade de Moralzarzal.

Estas dúas localidades madrileñas acollerán un calendario de xogo que reparte os seus encontros entre o sábado 1 e o domingo 2 de marzo, desfrutando da competición en horario de mañá e tarde.

Galicia debutará por partida dobre na tarde do sábado ante País Vasco, completando posteriormente, durante o domingo, dous encontros máis, importantes para o crecemento de equipo. Neste caso os seus rivais serán Castilla León (11. 15 h) e Madrid (18:00 h). Permaneceremos ben atentos as súas evolucións e resultados

Preselección Galega Infantil Masculina – Torneo Moralzarzal (Madrid)

(Polideportivo Municipal Moralzarzal)

01/03/14
(18:00 h) MADRID – CASTILLA LEÓN

(20:00 h) GALICIA – PAÍS VASCO

02/03/14
(09:30 h) MADRID – PAÍS VASCO

(11:15 h) GALICIA – CASTILLA LEÓN

(16:30 h) CASTILLA LEÓN – PAÍS VASCO

(18:15 h) MADRID – GALICIA

Preselección Galega Infantil Feminina – Torneo Torrelodones (Madrid)

(Polideportivo Municipal de Torrelodones)

01/03/14
(18:00 h) MADRID – CASTILLA LEÓN

(20:15 h) GALICIA – PAÍS VASCO

02/03/14
(09:30 h) MADRID – PAÍS VASCO

(11:15 h) GALICIA – CASTILLA LEÓN

(16:30 h) CASTILLA LEÓN – PAÍS VASCO

(18:15 h) MADRID – GALICIA

Preselección Galega Infantil Feminina: 1- 2/03/14
Preselección Galega Infantil Masculina: 1- 2/03/14

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram