As Preseleccións Galegas Infantís e Minibasket comezan esta fin de semana o calendario de concentracións que os levará directamente ao mes de abril e a súa cita co Campionato de España.
Catro convocatorias marcadas na súa axenda compoñen este camino, o cal comezarán a percorrer este sábado e domingo, 24 e 25 de xaneiro; baixo listas pechadas elaboradas polos cadros técnicos de cada categoría.
Visitando A Estrada (Infantil Feminino. Pavillón Coto Ferreiro), Vilagarcía (Infantil Masculino. Fexdega) e Boiro (Minibasket. Pavillón Municipal Barraña), os xogadores e xogadoras preseleccionadas entrarán de cheo na dinámica habitual dos combinados autonómicos. Ant sí terán tamén unha nova posibilidade de disfrutar e aprender xunto a compañeiros chegados de diferentes clubs de toda Galicia.
Os listados de deportistas configurados para este primeiro paso das Preseleccións poden consultarse nos documentos que se achegan.
Preselección Galega Infantil Feminina: 24- 25/01/15
Preselección Galega Infantil Masculina: 24- 25/01/15
Preselección Galega Minibasket Feminina: 24- 25/01/15
Preselección Galega Minibasket Masculina: 24- 25/01/15