As Preseleccións Infantís e Cadetes saltan á pista

O mecanismo das PreSeleccións Galegas Infantís e Cadetes 2013 – 2014 permanece xa a pleno rendemento, abrindo esta mesma fin de semana a parcela de traballo en pista.

Coñecida xa a estrutura de técnicos e axudantes que se fan cargo de cada categoría, os catro combinados galegos teñen ante si este sábado e domingo, 14 e 15 de setembro, a primeira das súas convocatorias.

Baixo o mesmo sistema de concentracións establecido na temporada anterior, cada Selección conta cun plan deportivo concreto no que se integran os seus adestramentos, amigables e torneos, a celebrar sempre en diferentes vilas galegas segundo a categoría.

No caso desta primeira cita que se achega, son as localidades de Noia (Pavillón Alonso Rodríguez), Tui (Pavillón Municipal) e Santiago de Compostela (Pavillón Ponte Pedriña) as que recibirán a visita dos xogadores e xogadoras convocadas, cuxos listados oficiais, sede e plan horario preséntanse nos documentos que se achegan.

Preselección Infantil Masculina: Noia, 15/09/13.
Preselección Infantil Feminina: Noia, 15/09/13.
Preselección Cadete Feminina: Tui, 15/09/13.
Preselección Cadete Masculina: Tui, 15/09/13.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram