As preseleccións galegas saltan á pista

Metidas de cheo no ecuador da súa preparación de cara aos Campionatos de España, as preseleccións galegas Infantís e Minis afrontan nesta fin de semana, e posteriores datas festivas, novas concentracións.

Visitando, en función da categoría, as vilas de Tui, Noia e mesmo a capital Galega, os distintos xogadores e xogadoras convocados terán que dobrar esforzos e amosar o mellor de si.

O traballo de cada preselección repartirase en varias datas, duplicando sesión ou mesmo variando a sede da concentración. A parcela deportiva completarase ademais coa disputa de diferentes encontros amigables nos que poñer a proba o seu xogo, e que axudarán a cada corpo técnico no labor de configurar o seu equipo definitivo.

O calendario de partidos, os cales se celebrarán a porta aberta, é o seguinte:

Preselección Galega Minibasket Masculina (Pavillón Municipal Tui)

(10/02/13) (18.30 h) Preselección Galega – C.B. Tui (infantil/cadete)
(11/02/13) (16.30 h) Preselección Galega – C.B. Tui (infantil/minibasket)

Preselección Galega Minibasket Feminina (Pavillón Municipal Tui)

(10/02/13) (16.30 h) Preselección Galega – C.B. Tui (2º división júnior)
(11/02/13) (16.30 h) Preselección Galega – Celta (1º división infantil)

Preselección Galega Infantil Masculina (Pavillón Rosalía de Castro – Santiago Compostela)

(09/02/13) (16.00 h) Preselección Galega – Rosalía de Castro (Cadete)

Preselección Galega Infantil Masculina (Pavillón Municipal Tui)

(11/02/13) (18.30 h) Preselección Galega – C.B. Tui (2º división júnior)
(12/02/13) (17.00 h) Preselección Galega – C.B. Tui (2º división junior/cadete)

Preselección Galega Infantil Feminina (Pavillón Alonso Rodríguez – Noia)

(11/02/13) (17.00 h) Preselección Galega – C.B. Cluny (júnior/sénior)

Preselección Infantil Masculina – 09/02/13, Santiago de Compostela.
Preselección Infantil Masculina – 11 e 12/02/13, Tui.
Preselección Minibasket Masculina – 10 e 11/02/13, Tui.
Preselección Minibasket Feminina – 10 e 11/02/13, Tui.
Preselección Infantil Feminina – 10 e 11/02/13, Noia.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram