As preseleccións galegas infantís e cadetes retornan á actividade e volven ás pistas. Os catro combinados autonómicos rexistran concentración esta fin de semana, doblando xornada de traballo e empregando as cidades de Ferrol e A Coruña como sedes de operacións.
A localidade departamental, que esta fin de semana acapara a atención deportiva grazas á celebración da Fase Final da Copa Galicia Sénior Feminina, contará tamén coa presenza das preseleccións galegas femininas. En diferentes datas, pero co mesmo pavillón como referencia, o de Esteiro, exercitaranse baixo os preceptos dos seus seleccionadores.
Pola súa banda, A Coruña será o escenario no que os nosos equipos masculinos desenvolvan, venres e sábado, o traballo estipulado nesta primeira convocatoria do mes de outubro, cun total de 16 xogadores por preselección.
Nos documentos que se achegan especifícanse os listados de xogadoras e xogadores correspondentes a cada preselección.
Preselección Galega Infantil Masculina: 12-13/10/12
Preselección Galega Infantil Feminina: 13-14/10/12
Preselección Galega Cadete Masculina: 12-13/10/12