Xaneiro está a ser un mes moi activo no que a Preseleccións Galegas se refire. Os xogadores e xogadoras convocados nas categorías minibasket e infantil afrontan a recta máis intensa da súa andaina, aquela na que se decide a formación final dos diferentes equipos de cara ao Campionato de España.
Con este obxectivo en mente, e de novo visitando dúas localidades xa habituais para as nosas preseleccións, A Estrada e Santiago, a área deportiva da FGB celebra este domingo (20 de xaneiro) tres novas concentracións de traballo. Neste caso para as categorías infantil masculina, minibasket feminina e minibasket masculina.
Os tres bloques de xogadores e os corpos técnicos de cada un deles teñen ante si unha nova oportunidade de afianzar ideas e de configurar unha estrutura de xogo sólida. As listas de convocados para a mesma poden consultarse nos documentos que se achegan.
Preselección Galega Infantil Masculina – 20/01/13
Preselección Galega Minibasket Masculina – 20/01/13
Preselección Galega Minibasket Feminina – 20/01/13