As preseleccións galegas Minis recollen a testemuña do traballo deixado polas as súas irmás maiores, infantís e cadetes; tras o Campionato de España. Os nosos combinados autonómicos mási novos, que dirixen Rosa Crespo e Valentín Perez, en feminino e masculno, respectivamente; concentraranse esta fin de semana, 1 e 2 de febreiro, na súa sede habitual, a localide de A Estrada (Pavillón Manuel Coto Ferreiro).
Nesta dobre xornada, e en quendas de mañá e tarde; realizarán o seus adestramentos e diferentes dinámicas de grupo, fortalecendo as parcelas do estritamente deportivo e da convivencia.
Están chamados a participar un total de 14 xogadoras e outros tantos xogadores, baixo as seguintes listas oficiais que achegamos.
Preselección Galega Minibasket Masculina: 01 – 02/02/20
Preselección Galega Minibasket Feminina: 01 – 02/02/20