As Preseleccións Galegas Minibasket estrean temporada

Primeira cita cos adestramentos para as Preseleccións Galegas de categoría Minibasket. Os cadros técnicos destes combinados, comandados por Diana Piñeiro en categoría feminina; e Javier Cotelo en masculina, realizarán a súa estrea da temporada no traballo directo en pista.

30 xogadores e 26 xogadoras están chamadas a participar desta convocatoria inicial, a celebrar repartida ao longo de dúas xornadas, domingo 20 e luns 21 de decembro; no Pavillón Municipal Coto Ferreiro (A Estrada).

Nos documentos que se achegan indícanse os datos dos participantes en cada data, así como o seu club de procedencia.

Preselección Galega Minibasket Feminina – 20/12/15
Preselección Galega Minibasket Feminina – 21/12/15
Preselección Galega Minibasket Masculina – 20/12/15
Preselección Galega Minibasket Masculina – 21/12/15

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram