As dúas preseleccións minis cubren esta fin de semana a metade do seu camiño cara o Campionato de España (do 01 ao 08 de abril de 2012).
Unha nova convocatoria, este domingo 12 en Compostela, reúne a un total de 16 xogadores e outras tantas xogadoras, afondando xa nos criterios máis precisos que cada seleccionadora busca para o seu equipo.
O Colexio Compañía de María en Santiago de Compostela volve a ser sede para o traballo das Preseleccións Galegas de Minibasket. Na que fai a cuarta concentración de traballo para as nenas e a quinta para os xogadores de Paula Couto, este domingo, 12 de febreiro, reuniranse no pavillón santiagués un total de 32 xogadores, 16 con cada equipo, de novo nas mans das adestradoras FGB.
No habitual horario deste tipo de xornadas, ocupando cos adestramentos a mañá e a tarde (de 10.30 h a 18.30 h), o equipo de seleccionadoras, en estreita colaboración coas súas axudantes, continuarán definindo as bases das que serán as futuras seleccións definitivas que representen a Galicia na cita estatal de primeiros de abril. Coa meta xa visible a medio camiño, as preseleccións atópanse no tempo de trazar as liñas a seguir e corrixir os erros.
A relación de xogadores e xogadoras preseleccionadas, na inmensa maioría xa partícipes de anteriores convocatorias, pode consultarse nos documentos que se achegan.
Preselección Galega Feminina – 12/02/12
Preselección Galega Masculina – 12/02/12