As Preseleccións Galegas Infantís e o Programa de Tecnificación rumbo á Estrada

A localidade de A Estrada volve a ser protagonista do traballo da Área Deportiva da FGB, desta volta protagonizado polas Preseleccións Galegas Infantís e a convocatoria dun novo CETI Autonómico 2002.

A xornada festiva deste venres, 20 de marzo; servirá de marco para estas dúas vías de acción, ambas a realizarse no Pavillón Municipal Coto Ferreiro grazas ás xestións do Concello e do club local, EDM Estradense.

Preseleccións Galegas Infantís
Os combinados preseleccionados realizarán este venres a súa antepenúltima concentración antes de dar a coñecer a lista oficial de 12 xogadores e xogadoras que representarán a Galicia no Campionato de España.

Esta derradeira oportunidade de afianzar os equipos virá seguida dunha nova data de adestramento, neste caso marcada para o domingo, 22 de marzo; en Lugo (Pavillón Anexo 1)

As listas de xogadores e xogadoras preseleccionados para estas dúas convocatorias, non definitivas, poden consultarse nos documentos que achegamos.

CETI Autonómico 2002
De xeito paralelo á evolución das sesións de adestramento das Preselección, a Área Deportiva FGB realizará un Centro de Tecnificación de carácter Autonómico orientado aos baloncestistas nados no ano 2002.

Baixo convocatoria previa e pechada, a cal pode consultarse tamén nos listados adxuntos, un total de 40 infantís de primeiro ano exercitaranse ás ordes de seis adestradores colaboradores da FGB: Sandra Prieto (Universitario Ferrol), María Álvarez (C.B Femenino Ourense) e Beatriz Gómez(C.B. Maristas) en categoría feminina; e Cristino Menor (Estudiantes Lugo), Javi Román (C.B. Seis do Nadal) e Marcos Pereira (C.B.E. Blanco Amor) no apartado masculino.

Participación Alumnos FGB
Os alumnos dos Cursos FGB/2013 – 2014 de Nivel 1 e Nivel 2 que desexen participar destes CETIS Autonómicos 2002 poden solicitalo a través do envío dun correo electrónico a adestradores@fegaba.com

A súa asistencia validarase por un CETI para aqueles técnicos que presencien media xornada ben de mañá ou ben de tarde. Así mesmo, os adestradores que estén presentes na totalidade da actividade recibirán a vlaidación por 1 CETI máis a análise individual da súa situación actual en torno ao cumprimento da Formación Complementaria.

Preselección Galega Infantil Feminina: A Estrada, 20/03/15
Preselección Galega Infantil Feminina: Lugo, 22/03/15
Preselección Galega Infantil Masculina: A Estrada, 20/03/15
Preselección Galega Infantil Masculina: Lugo, 22/03/15
Centro de Tecnificación Masculino 2002: A Estrada, 20/03/15
Centro de Tecnificación Feminino 2002: A Estrada, 20/03/15

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram