As Preseleccións Galegas Infantís continúan a traballar en Nadal

Os nosos combinados autonómicos en categoría infantil non deteñen o seu ritmo nestas datas festivas. Ambas as categorías, masculina e feminina, teñen ante si sendas convocatorias de traballo, participando, no caso da Preselección Feminina, nun torneo amigable en terras vascas.

Preselección Galega Infantil Feminina. 28 – 29/12/13
As xogadoras de Armando Otero afrontarán en Zarautz o Torneo Infantil Zarautz – Beasain de Seleccións Autonómicas. Galicia participará nesta cita xunto a Euskadi, Madrid e Castilla León, disputando un total de tres encontros baixo o seguinte calendario:

28/12/13
(09.30 h) Euskadi – Castilla León
(11.30 h) Madrid – Galicia
(16.15 h) Euskadi – Madrid
(18.15 h) Castilla León – Galicia

29/12/13
(10.00 h) Euskadi – Galicia
(12.00 h) Castilla León – Madrid

Preselección Galega Infantil Masculina. 28 – 29/12/13
A Preselección Galega Infantil Masculina, pola súa banda, está chamada a exercitarse en dobre sesión, sábado e domingo, 28 e 29 de decembro, na vila de Tui.

O Pavillón Municipal desta localidade será de novo testemuña do traballo dunha Preselección Galega, cuxa lista de convocados desta volta pode consultarse nos documentos que se achegan.

Preselección Galega Infantil Feminina – 28-29/12/13
Preselección Galega Infantil Masculina – 28-29/12/13

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram