As Preseleccións Galegas entran de cheo na súa recta final

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas cadetes e infantís (do 3 ao 7 de xaneiro, 2018) está cada vez máis preto. Unha vez anunciada Valladolid como sede para esta cita, a expensas de que esta decisión se publique e oficialice no Boletín Oficial do Estado; os equipos galegos intensifican a súa preparación, entrando esta na quenda decisiva.

As primeiras en iniciar o tramo final do camiño serán as preseleccións cadetes este mesmo domingo, 26 de novembro; con concentración en A Estrada. Os nosos dous combinados deportivod, cuxas listas oficiais de integrantes achegamos a continuación, traballarán no Pavillón Municipal Coto Ferreiro en dobre quenda, mañá e tarde.

Pola súa banda, en categoría infantil, a cita coa vindeira convocatoria chegará o domingo, 3 de decembro; baixo as convocatorias que tamén se remiten xunto a esta información. 

Preselección Galega Cadete Feminina: 26/11/17
Preselección Galega Cadete Masculina: 26/11/17
Preselección Galega Infantil Feminina: 03/12/17
Preselección Galega Infantil Masculina: 03/12/17

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram