Tras a disputa do Campionato de España de Seleccións Cadetes, o protagonismo e atención no que a combinados autonómicos respecta salta á esfera minibasket e infantil, categorías ambas que teñen moito traballo por diante ata que chegue a súa cita coa competición nacional (abril 2014).
Con este obxectivo, e promovendo desde o inicio un axeitado ritmo de traballo, son as Preseleccións Minibasket as primeiras en afrontar convocatoria oficial neste mes de xaneiro.
Así, reunirán este domingo 12, en A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro) a 17 xogadores e 17 xogadoras para encamiñar, xunto a eles, unha correcta dinámica de adestramentos.
Os Corpos Técnicos encargados deste reto deportivo presentan sendas listas oficiais de convocados para a indicada concentración deste domingo, documentos que se achegan a continuación para a súa consulta.
Preselección Galega Minibasket Masculina:12/01/14
Preselección Galega Minibasket Feminina:12/01/14