As Preseleccións Galegas cadetes intensifican a preparación

As Preseleccións Galegas Cadetes teñen esta fin de semana, 12 e 13 de outubro, a oportunidade de retomar o seu traballo de concentración, aproveitando a ausencia de competición oficial nesta categoría, tanto o sábado como o domingo.

Ambos os responsables das Preseleccións, Cristina Cantero en feminino e César Iglesias en Masculino, contarán cun total de 14 xogadoras e 16 xogadores, respectivamente, cos que planificar adestramentos e sesión técnicas.

Os preseleccionados en categoría masculina afrontarán a súa xornada de traballo o domingo, 13 de outubro, na localidade de A Estrada. Pola súa banda, e dobrando esforzos, as xogadoras farán o propio tanto o sábado como o domingo, na vila pontevedresa de Tui.

Nos documentos que se achegan remítense os datos completos para as dúas convocatorias oficiais, das que os técnicos FGB agardan extraer conclusións positivas.

Preselección Galega Cadete Masculina:13/10/2013
Preselección Galega Cadete Feminina:12-13/10/2013

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram