As Preseleccións Galegas Cadetes e Infantís, directas á escea

A chegada do mes de decembro incrementa o ritmo de traballo para estes catro combinados, os cales están a definir a súa formación decisiva de cara a afrontar en xaneiro de 2016, a falla da súa confirmación oficial, o campionato Nacional.

As Preseleccións Galegas Cadetes e infantís toman a actualidade. Os catro combinados autonómicos destas idades emprenden o camiño que os levará directos ao Campionato de España. Na súa axenda, de xeito inminente, dous torneos amigables.

Asturias e Euskadi serán este fin de semana o escenario para o seu debut en competición fóra de Galicia. Coas súas listas de xogadores e xogadoras convocadas xa perfiladas, os catro combinados viaxaran a terras astures, no caso masculino, e vascas, en categoría feminina; para verse as caras coas Seleccións Autonómicas locais, así como con Castela León e Madrid.

As nosas representantes afrontarán esta primeira gran cita da súa recta final baixo o seguinte planning: 

Preselección Galega Cadete Feminina: Torneo Seleccións
Sede: Zarautz (6 – 7/12/15)

Preselección Galega Infantil Feminina: Torneo Seleccións
Sede: Lasarte (6 – 7/12/15)

Preselección Galega Cadete Masculina: Torneo Seleccións “Puertas de Asturias”
Sede: Pola de Lena (5 – 6/12/15)

Preselección Galega Infantil Masculina: Torneo Seleccións “Puertas de Asturias”
Sede: Pola de Lena (5 – 6/12/15)

Nos documentos que se achegan remitimos os calendarios completos de cada torneo, así como as listas oficiais de convocados por Preselección.

Torneo Seleccións Masculinas : Puertas de Asturias – Calendario
Preselección Galega Cadete Masculina: 5-6/12/15
Preselección Galega Infantil Masculina: 5-6/12/15
Preselección Galega Cadete Feminina: 6-7/12/15
Preselección Galega Infantil Feminina: 6-7/12/15
Torneos Seleccións Femininas – Calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram