As Preseleccións Galegas Cadetes arrincan motores

Dobre sesión de traballo para as Preseleccións Galegas Cadetes no inicio da súa nova andaina. A temporada 2014 – 2015 comeza para os nosos combinados autonómicos coa visita, esta fin de semana, ás localidades de A Estrada e Noia para levar a cabo os seus adestramentos.

Ambas as dúas vilas, boas coñecedoras xa da dinámica das Seleccións Galegas, serán escenario dos primeiros pasos das Preseleccións, que na actual etapa adestran Pepe Vázquez (feminina) e César Iglesias (masculina).

Para esta ocasión, os dous técnicos galegos citan a 16 xogadoras e 15 xogadores cos que comezar a dar forma aos equipos que no futuro 2015 representarán a Galicia no Campionato de España.

Remarcar a presenza do combinado feminino en ambas as localidades indicadas, A Estrada e Noia. O combinado masculino, pola súa banda, fará da Estrada a súa única sede de operacións durante as dúas xornadas da fin de semana.

Selección Galega Cadete Masculina
11/10/201 e 12/10/2014. A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro)

Selección Galega Cadete Feminina
11/10/201. A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro)

12/10/2014. Noia (Pavillón Alonso Rodríguez)

Os datos dos xogadores e xogadoras que tomarán parte nestas dúas primeiras convocatorias poden consultarse nos documentos que se achegan.

Preselección Galega Cadete Masculina: 11 e 12/10/14
Preselección Galega Cadete Feminina: 11 e 12/10/14

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram