As Preseleccións Galegas Femininas en categoría infantil e cadete seguen a cumprir as primeiras datas programadas no seu plan de traballo para esta recta final do 2013.
Nesta liña, e de novo contando coa colaboración do Concello de A Estrada e de E.D.M. Estradense, ambos os combinados autonómicos concentraranse nesta localidade durante toda a xornada do domingo, 6 de outubro.
As dúas preseleccións compartirán Pavillón de Adestramento (Pav. Manuel Coto Ferreiro), alternando os horarios das súas sesión, en quendas de mañá e tarde.
Nos documentos que se achegan remítense os datos completos de ambas as convocatorias, contemplando o nome das xogadoras, así como o seu club de referencia.
Programación Seleccións 2013
Tantos as Preseleccións infantís e cadetes femininas como as masculinas están a guiarse por un planning anual trazado pola Área Deportiva da Federación Galega, plan que permanece público a consulta de todos os interesados.
Preselección Galega Infantil Feminina: 06/10/2013
Preselección Galega Cadete Feminina: 06/10/2013
Programación Preseleccións Galegas Infantís
Programación Preseleccións Galegas Cadetes