As Preseleccións Cadetes suman xornadas de traballo

Novo paso adiante das Preseleccións Galegas en categoría cadete. Cubrindo a programación de traballo establecida pola Área Deportiva FGB, ambos os combinados autonómicos están chamados, por segunda vez na temporada, a reunirse para unha nova fin de semana de adestramentos, a que corresponde a este sábado e domingo, 1 e 2 de novembro.

No apartado masculino, a vila de Tui é a designada polo departamento técnico FGB para acoller a concentración dos 15 xogadores preseleccionados. En categoría feminina, pola súa banda, as cadetes convocadas repetirán estancia en A Estrada. En ambos casos os equipos exercitaranse nos correspondentes pavillóns Municipais, o de Tui, con ese mesmo nome, e o Manuel Coto Ferreiro (A Estrada).

A continuación remitimos os listados oficiais dos xogadores e xogadoras convocados, os cales, por suposto, traballarán ás ordes dos cadros técnicos cadetes xa coñecidos.

Lembramos, á súa vez, que xa está dispoñible para a súa consulta a programación de traballo outubro 2004 – xaneiro 2015 para estas dúas preseleccións.

Preselección Galega Cadete Masculina: 1-2/11/14
Preselección Galega Cadete Feminina: 1-2/11/14

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram