As Preselección Galegas, no escáner dos adestradores galegos en formación

A Área Deportiva FGB estrea opción formativa para os alumnos dos Cursos de Adestradores 2014 e 2015. O Departamento Técnico FGB abre ás portas das Preseleccións Galegas aos adestradores galegos que se atopan inmersos en proceso de aprendizaxe.

Nesta liña, convócaos a participar dos adestramentos dos combinados autonómicos infantís e cadetes que terán lugar o vindeiro 12 de outubro.

Preselección Galega Infantil Feminina: Pavillón Municipal de Tui.

Preselección Galega Infantil Masculina: Pavillón Municipal de Tui.

Preselección Galega Cadete Masculino: Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro – A Estrada.

Preselección Galega Cadete Feminino: Pavillón Alonso Rodríguez – Noia

Escollendo previamente a categoría e a sede da sesión á que desexan asistir, os alumnos dos cursos FGB 2014 e 2015 poderán comprobar in situ como traballan os cadros técnicos das preseleccións e, posteriormente; comentar e debater xunto a eles o exposto na pista.

Validación didáctica

Concibida como unha oportunidade para coñecer os detalles que determinan a dinámica que rodea ás preseleccións galegas, os adestradores que tomen parte nesta iniciativa poderán validar a súa presenza na mesma por un total de 4 horas de formación continua e un CETI.

Este cómputo realizarase sempre e cando cumpran todos os requisitos establecidos pola Área Deportiva FGB para a actividade, os cales se detallan no documento que se achega.

Inscrición
Os alumnos interesados deberán inscribirse mediante un enderezo electrónico a adestradores@fegaba.com antes do sábado, 10 de outubro. Imprescindible indicar nome e apelidos xunto á sede de adestramento á que acudirán (A Estrada, Noia ou Tui).

Formación Adestradores: Adestramento Seleccións Galegas 12/10/15

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram