Galicia no #Mini2015: resultados fase de grupos

(Foto: FEB)

(Foto: FEB)

Permanecemos ben atentos á experiencia deportiva dos nosos xogadores e xogadoras representantes no Campionato de España de Seleccións Autonómicas. A continuación, remitimos os datos máis relevantes deste #Mini2015, así como o total dos resultados galegos.

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONES AUTONÓMICAS MINIBASKET 2015

(28 de marzo – 1 de abril 2015) San Fernando (Cádiz)

Convocatorias Oficiais

Galicia Minibasket Feminina

Galicia Minibasket Masculina

Árbitros CGAB designados #Mini2015

Competición – Grupos de Xogo

Masculino – Preferente “C”: Galicia, Ceuta, Castilla La Mancha, Melilla, Murcia.

Femenino – Especial “B”: Galicia, Andalucía, Islas Baleares, Madrid e País Vasco.

Calendario Galego

Galicia Minibasket Preferete Masculino “C”

28/03/15 – 1º Xornada

(15:30 h) Galicia – Castilla La Mancha (Pavillón Parque 2) (87 – 57)

Comezaban os nosos minis pouco acertados de cara ao aro rival no seu debut en todo un Campionato de España. Os nervos presidían os primeiros minutos de xogo, traducíndose en imprecisións e nun primeiro parcial a favor dos manchegos (18 – 49).

A partir do segundo sexto Galicia, a base de esforzo e dunha notable defensa, conseguía remontar a situacion e, aproveitando a inercia e coas acertadas premisas marcadas desde o banquiño de Alberto Pérez, os nosos eran quen de abrir brecha no marcador e facela crecer ata o 87-57 final.

(15:30 h) Melilla – Región de Murcia (Pavillón Parque 1) (29 – 68)

29/03/15 – 2º Xornada

(09:30 h) Región de Murcia – Galicia (Pavillón Bahía Sur) (70 – 74)

Segunda xornada para os galegos neste #Mini2015, desta volta co encontro ante Murcia no Pavillón de Bahía. A cita deportiva resultou intensa e disputada, deixando ver a unha Galicia moito máis concentrada que o rival e gozando de rentables e rápidas transicións, así como dunha boa faceta defensiva. E con estas premisas chegábase ao descanso cun 31 – 45 no marcador.

Na renovación, un xogo máis duro, e un inesperado baixón físico dos galegos, axustaba as diferencias no resultado e facía entrar a Galicia no derradeiro “sexto” con tan só un punto de vantaxe (60-61). Finalmente, e ben traballado, afortunado tenteo de 70 – 74 para o equipo de Alberto Pérez.

(09:30 h) Ceuta – Melilla (Pavillón Parque 2) (33 – 81)

               3º Xornada

(17:30 h) Galicia – Ceuta (Compañía de María) (58 – 8)

Na tarde de hoxe os nosos nenos xogaban a 3 xornada no pabellón de compañía de María contra Ceuta. Partido onde os de Alberto fixeron valer a súa superioridade física desde o minuto 1 do periodo para terminalo 20 arriba. No seguinte cuarto os nosos non baixaron o nivel defensivo e aos poucos foron aumentando a diferenza ata pechar o marcador no terceiro cuarto.

(17.30 h) Castilla La Mancha – Región de Murcia. Murcia (Pavillón Parque 1) (46 – 86)

30/03/15 – 4º Xornada

(11:30 h) Melilla – Galicia (Pavillón Parque 2) (54 – 97) (8-15, 3-25, 13-15, 13-16, 12-8, 5-20)

Cuarto e último partido da fase de grupos do campionato de España #mini2015 para os mozos da selección galega.
O rival para esta xornada, Melilla, comezaba o partido cun alto nivel de motivación o que lle permitía realizar un xogo rápido e vistoso, deixando o primeiro período con certa igualdade no marcador. A forte defensa a toda pista do segundo sexto permitiu establecer as primeiras diferenzas importantes no marcador a favor do combinado galego.

Nos seguintes parciais (3º, 4º e 5º), aínda sendo bastante igualados, os mozos de Alberto Pérez conseguiron aumentar a diferenza no electrónico paulatinamente acadando xa diferenzas importantes. Chegados xa os minutos definitivos o guión proseguiu con rumbo similar, deixando ao marcador final de 54-99

(11:30 h) Ceuta – Castilla La Mancha (Compañía de María) (26 – 76)

               5º Xornada

(19:30 h) Región de Murcia – Ceuta (Pavillón Parque 1)

(19:30 h) Castilla La Mancha – Melilla (Pavillón Bahía Sur)

Galicia Minibasket Especial Femenino “B”

28/03/15 – 1º Xornada

(11:30 h) Galicia – Comunidad de Madrid (Pavillón Parque 2) (28 – 77) (3-15, 7-8, 7-11, 5-10, 2-18, 4-15)

A estrea galega no #Mini2015 non foi todo o positiva que se podía agardar. Madrid asinou un primeiro parcial de 12 puntos a favor ante os nosos, que sufrían moitos problemas para anotar en estático.

Nos tres seguintes períodos o equipo de Diana Piñeiro recortaba a distancia no electrónico, sumando, sobre todo, grazas ao seu acerto en contraataque. A situación era cómoda para as galegas, pero unha negativa dinámica de numerosas perdas de balóns deixou o camiño despexado para as rivais, as cales aproveitaron para seguir sumando canastras ata o 28 – 77 final.

(11:30 h) País Vasco – Andalucía (Pavillón Bahía Sur) (52 – 96)

               2º Xornada

(19:30 h) Baleares – Galicia (Pavillón Bahía Sur) (73 – 42) (17-3, 12-3, 19-4, 12-5, 8-10, 5-17)

A segunda cita deportiva do día para as nosas comezou, de novo, con mal pé, marcada por unha notable diferenza física entre ambos os equipos, cuestión que ocasionou moita presión sobre as galegas na subida de balón. Os minutos pasaban entre moitos contactos coas súas conseguintes perdas de balón, polo que se facía imposible anotar.

Non foi ata o quinto período no Galicia comezou a solucionar a saída de presión e a apertar defensivamente. As nosas minis foron capaces de recortar a diferenza a 30 puntos, pero isto non foi suficiente. Ao final, amplo 73 – 42 para Baleares.

(19:30 h) Comunidad de Madrid – País Vasco (Pavillón Parque 1) (51 – 41)

29/03/15 – 3º Xornada

(11:30 h) Andalucía – Comunidad de Madrid (Pavillón Bahía Sur) (88 – 57)

(11.30 h) País Vasco – Baleares (Colexio Compañía de María) (67 – 73)

                4º Xornada

(19:30 h) Galicia – País Vasco (Colexio Compañía de María) (46 – 53) (9-8, 9-15, 6-7, 5-9, 4-8, 13-4)

O terceiro encontro contra as vascas comezou con moita intensidade en ambos equipos e unha actitude renovada especialmente no cadro galego. Os primeiros minutos foron difíciles para anotar, pero finalmente conseguimos iniciarnos no marcador.

As nosas xogadoras pelexaron ata o último segundo, chegando a acadar unha diferenza de 15 puntos ao comezo do último sexto. No asubío final: 7 puntos arriba e favor vasco (46-53). Resaltar o esforzo e a boa labor de todas as xogadoras, incluída Laura, que non puido disputar o partido por lesión.

(19:30 h) Baleares – Andalucía (Pavillón Parque 1) (46 – 70)

30/03/15 – 5º Xornada

(15:30 h) Andalucía – Galicia (Pavillón Parque 2) (70 – 36) (7-14, 17 – 8, 16 – 5, 14 – 10, 12 – 0, 4 – 4)

O último encontro da fase de grupos contra Andalucía comezou con moitas ganas e intensidade, tanto ofensiva como defensiva por parte das galegas, conseguindo un parcial de 7 a 14 ao noso favor. A medida que ía avanzando o partido, as andaluzas foron impoñendo a súa presenza no campo e lograron superarnos no marcador no terceiro sexto.

A partir deste intre, aínda que as nosas seguiron pelexando por cada balón, Andalucía conseguía unha vantaxe de máis de 30 puntos, asinando o resultado final de 70 a 36.

(15:30 h) Comunidad de Madrid – Baleares (Colexio Compañía de María) (71 – 75)

Ligazóns de interese

Páxina Oficial #Mini2015

Revista Oficial #Mini2015

Calendario Completo

Resultados Mini Masculino

Resultados Mini Femenino

Plantillas Mini Masculino

Plantillas Mini Femenino

Palmarés Mini Masculino

Palmarés Mini Femenino

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram