
Celta Selmark e Estudiantes Lugo Leyma Natura confirmáronse esta fin de semana como os novos dous equipos que entran no palmarés das Ligas FGB en categoría cadete, feminina e masculina, respectivamente.
Ambos os bloques conqueriron na derradeira xornada o máximo galardón das Ligas FGB, acompañados, a súa vez, por dous subcampións que tamén competiron ao máximo nivel dende o inicio da temporada. Así, Codigalco Carmelitas (feminino) e Baloncesto Narón (masculino) fanse con esta merecida segunda posición.
Estudiantes de Lugo Leyma Natura, radiante e ao completo, co seu trofeo
Os catro equipos serán agora os representantes galegos nos Campionatos de España de Clubs, os cales xa coñecen os seus calendarios, que aquí achegamos, e que darán comezo este domingo, 25 de maio; en Guadalajara (masculino) e Tenerife (feminino). Sorte e a desfrutar da experiencia!
Galería de Imaxes: Campions Ligas FGB 2013 – 2014
Sorteo Campionato de España de Clubs Cadete Feminino (@XVICtoCadete)