As Federacións de Galicia, Principado de Asturias, Euskadi e Castela e León, unidas para loitar contra o Cancro Infantil

– As catro entidades federativas únense á Fundación Unoentrecienmil que lidera a iniciativa Canastras Contra o Cancro infantil, que consiste en cambiar todos os puntos que se metan nos partidos que se xoguen durante esta fin de semana, por euros para a loita do cancro infantil.
– Galicia, Principado de Asturias, Euskadi e Castela e León levarán esta acción no marco do Torneo de Seleccións Autonómicas de Minibasket “Concello de Marín”, que se celebra este sábado e domingo, 10 e 11 de febreiro; nesta localidade galega.
A Fundación Unoentrecienmil, que impulsa proxectos de investigación para a curación plena da leucemia infantil, puxo en marcha a iniciativa “Canastras Contra o Cancro Infantil” para sensibilizar sobre esta enfermidade con motivo do 15 de febreiro, Día Internacional do Cancro Infantil.
 
Durante esta fin de semana, máis de 40.000 persoas xogarán de forma competitiva e solidaria en toda España. Todos os puntos que se marquen converteranse en euros para o proxecto Aceleradora Unoentrecienmil, que permite incorporar o exercicio físico como parte do tratamento de quimio dos nenos enfermos de cancro, xa que está demostrado que acelera a súa curación.
 
As Federacións autonómicas de Asturias, Castela e León, Euskadi e Galicia sumarán a súa forza solidaria e levarán a cabo esta iniciativa esta fin de semana no marco do Torneo de Selección Minibasket “Concello de Marín”. Nesta cita, na que as catro autonomías unen baloncesto e convivencia, poñerán tamén o valor o poder do Deporte para concienciar e mover á sociedade.
 
Cada unha das Federacións doará o valor en euros dos puntos materializados polas súas seleccións durante dous dos 12 partidos en total que conforman o Torneo.
 
Así mesmo, animarán a todo o público asistente a achegar a súa colaboración nesta iniciativa que destina todo o recadado á Aceleradora Unoentrecienmil.
 
Aceleradora Unoentrecienmil
A Aceleradora Unoentrecienmil é o proxecto que puxo en marcha a fundación para que todos os nenos enfermos de cancro poidan facer exercicio físico como parte do seu tratamento. Un estudo científico impulsado por Unoentrecienmil no 2018 demostrou que a práctica de exercicio físico dos nenos durante o seu tratamento ten claros efectos beneficiosos que permiten acelerar a súa curación e mellorar a súa calidade de vida, á vez que diminúen os efectos secundarios da quimioterapia. 

A primeira xa está a dar servizo no Hospital La Paz de Madrid e a intención da Fundación Unoentrecienmil é levala a todos os hospitais de España con Oncoloxía Pediátrica.
 
Sobre Unoentrecienmil
A Fundación Unoentrecienmil dedícase a impulsar proxectos de investigación para atopar a curación plena da leucemia infantil, o cancro máis frecuente en nenos. En España diagnostícase un caso diario, que supón unha convulsión nas familias, xa que o 20% destes pequenos, non consegue superalo.
 
Unoentrecienmil é a única fundación española centrada exclusivamente na leucemia infantil.

Torneo 

Os partidos do Torneo nos que se levará a cabo esta acción son os seguintes:

10/02/24 – Categoría Minibasket Masculina (Pavillón A Raña) 

16:00 h. Galicia – Euskadi.

18:00 h. Castilla y León – Asturias 

10/02/24 – Categoría Minibasket Feminina (Pavillón San narciso) 

16:00 h. Castilla y León – Asturias 

18:00 h. Galicia – Euskadi  

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram