O Pavillón de Restollal, en Santiago de Compostela, é a sede elixida para a desputa da Fase Final das Ligas Autonómicas en categoría Minibasket e Preminibasket.
Este sábado e domingo, 7 e 8 de xuño, un total de 20 equipos reuniranse en Compostela para dilucidar que catro clubs pasan a integrar o palmarés de campións galegos 2013 – 2014.
Detallamos a continuación a identidade dos equipos participantes, así como o calendario de xogo que lles agarda.
Fase Final Liga FGB Minibasket
Un total de 12 equipos, seis masculinos e seis femininos, enfrontaranse o sábado e domingo, 7 e 8 de xuño, en Compostela, coa meta de proclamarse campións autonómicos en categoría minibasket.
Chegados dunha competida fase previa, os seis mellores equipos masculinos e femininos disputaran esta fase final divididos en dous grupos de xogo, en liga a unha volta e coas posteriores citas de Semifinais, Final e restantes encontros a efectos de clasificación.
Os protagonistas en cada categoría serán:
Minibasket Feminino: Seis do Nadal, C.B. Arxil, La Academia Celta, Calasancias, Pontumio Fubolín e Peleteiro.
Minibasket Masculino: Coreti Etiquetas, Marín Peixegalego A, Bosco Salesianos Naranja, Básquet Coruña, PBB “A” e Estudiantes de Lugo.
Fase Final Liga FGB Preminibasket
A categoría Preminibasket reserva a súa xornada decisoria para o domingo, 8 de xuño. Compartindo o Pavillón do Restollal coa Fase Mini, os catro equipos procedentes da rolda previa disputaran Semifinais, Final e 3º e 4º Posto.
En feminino serán Peleteiro, C.B. Cluny, Apóstol Santiago e Vilagarcía BCup os catro bloques que busquen o título de campións. Pola súa banda, no apartado masculino están citados Vilagarcía 05, Peleteiro Blanco, Básquet Coruña e Bosco Salesianos.
Nos documentos que remitimos detallamos o resultado do sorteo celebrado esta tarde, o cal determina os emparellamentos e o programa horario para cada categoría.
Fase Final Liga FGB Minibasket: 07/06/14
Fase Final Liga FGB Minibasket e Preminibasket: 08/06/14