Federación Galega de Baloncesto, Concello de A Estrada e EDM A Estrada conxugan traballo e aposta polo baloncesto unha temporada máis. No seu obxectivo: a festa das Fases Finais Minibasket e Preminibasket, evento que este ano contará ademais cun convidado de excepción: o Babybasket.
O Concello de A Estrada convértese, de novo, no epicentro das ligas FGB Minibasket e Preminiabasket. As Fases Finais de ambas as competicións regresan un ano máis a esta localidade, enchendo unha fin de semana completa, a deste sábado 27 e domingo 28 de maio; da compoñente máis especial do Baloncesto de formación.
Durante estas dúas datas, o Pavillón Manuel Coto Ferreiro acollerá un total de 28 partidos repartidos en tres pistas grazas aos que se dilucidará a identidade dos Campións galegos das catro categorías en liza: mini e premini, masculino e feminino.
O Alcalde de A Estrada, José López; O Xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Pontevedra, Daniel Benavides; e o Presidente FGB, Francisco Martín; e o Presidente de EDM A Estrada, Alfonso SanMartín; presentaron este martes a cita competitiva
Deixando o prato formte das semifinais e finas para a xornada do domingo, na previa do sábado viviranse as cruces clasificatorias precisas para configurar o cadro de xogo dominical. O calendario de cada categoría pode consultarse xa no documento que se achega.
Babybasket: Clausura 2016 – 2017
A competición BabyBasket será tamén protagonista en A Estrada. Esta proposta didáctica e formativa creado esta temporada e estendida por toda Galicia grazas ao traballo dos clubs e das delegacións zonais FGB, vivirá a súa xornada de clausura na tarde do sábado.
Un total de 14 equipos, inscritos para a ocasión e chegados de diferentes puntos da Comunidade, disfrutarán despregando os seus primeiros pasos no baloncesto e compartíndoos cos outros xogadores e xogadoras.
Esta cita, na que non faltarán os intres para a diversión e mesmo agasallos en forma de recordo para todos os participantes, cubrirá a quenda de tarde (16.00 h a 20.00 h) nas tres pistas do Pavillón Manuel Coto Ferreiro.
Fases Finais FGB Minibasket e Preminibasket 2016 – 2017: calendario
Babybasket – Clausura 2016 – 2017: calendario