As Fases Finais Minibasket e Preminibasket FGB, rumbo a A Estrada

Federación Galega de Baloncesto, Concello de A Estrada e EDM A Estrada guiarán de novo esta fin de semana, sábado e domingo; 26 e 27 de maio; a organización e celebración das Fases Finais do Minibasket e Preminibasket galego nesta temporada 2017 – 2018.

A vila de A Estrada, recentemente nomeada como “Capital Galega de Minibasket”, será o escenario dos encontros decisivos das ligas de 1º división Minibasket e Preminibasket, así como da 2º División Mini, en categoría masculina e feminina en cada caso. 

Durante estas dúas datas, o Pavillón Manuel Coto Ferreiro acollerá un total de 44 partidos repartidos en catro pistas grazas aos que se dilucidará a identidade dos Campións galegos das seis categorías en liza.

DSC 0536

Epicentro do Minibasket
O Alcalde de A Estrada, José López;o Presidente FGB, Francisco Martín; e o Presidente de EDM A Estrada, Alfonso SanMartín; presentaron este mércores esta nova visita do Minibasket Galego á Estrada, cita que ademais compartirá protagonismo nese mesmo escenario coa Clausura da temporada para o Babybasket, e a celebración da Gala dos Premios “Zona Press”.

Fases Finais FGB Minibasket e Preminibasket – Calendario 26/05/18
Fases Finais FGB Minibasket e Preminibasket – Calendario 27/05/18

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram