As Fases Finais FGB Minibasket e Preminibasket rumbo a A Estrada

A Fase definitiva das Ligas FGB de Minibasket e Preminibasket celebrarase na localidade de A Estrada os vindeiros 30 e 31 de maio.

A vila pontevedresa, sempre apostando polo Baloncesto, acollerá ao total dos 32 equipos participantes nestas Fases Finais Masculina e Feminina. Todo, grazas á organización e colaboración de EDM Baloncesto A Estrada e Concello.

A Federación Galega de Baloncesto designa a A Estrada como sede para a Fase Final das Ligas FGB Minibasket e Preminibasket, toda unha festa do baloncesto base que visitará esta localidade agardando repetir o éxito alí vivido con este mesmo evento na temporada 2012 – 2013.

Un total de 32 equipos chegados de toda Galicia, e cuxa lista definitiva coñeceremos o próximo luns, 25 de maio; tras o remate das Ligas Regulares, viaxarán á Estrada para a desputa dos cuartos de final (sábado 30) e semifinais e finais (en xogo o domingo 31) das categorías Mini e Premini. O Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro configurarase como o escenario perfecto para o talento dos xogadores e xogadoras máis novos na busca de proclamarse campións galegos.

As estimacións achegan que xunto aos 32 equipos visitarán A Estrada preto de 1500 persoas, unha cifra que, sen dúbida, outorgará colorido á cita. A infraestrutura precisa e a coordinación de ambas as Fases Finais serán posibles grazas ao apoio do Concello de A Estrada, representado polo seu alcalde actual, José López Campos; e ao traballo diario en prol do Baloncesto do club local, EDM Baloncesto A Estrada; encabezado polo seu Presidente, Alfonso Sanmartín

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram