As Fases Finais A4 Cadete FGB viaxan a Santiago e Lugo

A falla dunha xornada, a FGB designa oficialmente a Baloncesto FEDESA e Estudiantes Lugo como equipos organizadores das Fases Finais A4 Cadetes.

Real Club Celta e Carballo a 1 Paso, campións cadetes FGB definidos xa matematicamente e coa súa praza no Campionato de España no peto; lideran unha liga que deixa tras eles a seguinte distribución para as Fases Finais A4:

Fase Final A4 Cadete Masculina: Santiago de Compostela, 08/05/16 (Organiza: FEDESA Baloncesto)

Fase Final A4 Cadete Feminina: Lugo, 08/05/16 (Organiza: Estudiantes Lugo)

En ambos os casos, os equipos en liza, os cales confirmaranse ao remate da última xornada que resta por disputar, buscarÔn a outra praza dispoñible para Galicia no Campionato de España da categoría, cita esta a celebrar do 22 ao 28 de maio na Seu de Urgell (Masculino) e Zaragoza (Feminino).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram