As Escolas de Baloncesto da Deputación de Pontevedra crecen a bo ritmo

As localidades de Moraña, Cuntis e Gondomar son as escollidas para ser testemuña dos primeiros pasos desta iniciativa formativa.

Federación Galega de Baloncesto e Deputación de Pontevedra suman xa o seu primeiro mes de traballo conxunto coas Escolas de Minibasket como obxectivo.

Contando co apoio loxístico e económico da Deputación, e coa colaboración directa de EDM Estradense, a Área Deportiva FGB estableceu no vixente mes de maio os primeiros chanzos prácticos deste proxecto, ideado para ampliar a base da pirámide do noso deporte na zona de Pontevedra e axudar aos clubs a crear unha plataforma baloncestística máis forte, que creza formándose nos valores educativos.

Moraña converteuse no primeiro escenario que ve crecer as indicadas Escolas. A localidade pontevedresa, implicada en elevado grao coa iniciativa, ven de estrear a mesma da man de 20 xogadores en idade Mini que, titorizados por adestradores da disciplina do EDM Estradense, desfrutaron o pasado 28 de abril dos seus primeiros contactos co Basket.

IMG 2079

Pola súa banda, as vilas de Cuntis, no ámbito norte da Provincia, e Gondormar, na marxe sur e contando co apoio do R.C. Celta Bosco; amplian o particular mapa das Escolas, atopándose, en ambos casos, en plena fase de promoción das mesmas no ámbito escolar.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram