As Copas Galicias Cadetes buscan campións

A xornada deste sábado terá especial importancia en dúas sedes do noso Baloncesto. Ourense e Pontevedra acollerán as fases finais da Copa Galicia Cadete.

A cidade das Burgas, grazas á organización de Carmelitas Vedruna, vivirá as semifinais da Copa en categoría feminina. Dous encontros que enfrontarán a: Celta Maristas, Peleteiro, C.B. Arxil e ao propio anfitrión, Codigalco Carmelitas.

Pola súa banda, na cidade do Lérez, o Club Estudiantes de Pontevedra será o encargado de coordinar a Fase Final Masculina, na que tamén comparece como semifinalista. Xunto a el: Porriño Baloncesto Base, Instituto Rosalía e Sant Yago.

Fase Final Copa Galicia Cadete Feminino – Semifinais (10/11/12)

(10.30 h) R.C. CELTA MARISTAS – PELETEIRO

(12. 30 h) CODIGALCO CARMELITAS – ARXIL ´A´

Fase Final Copa Galicia Cadete Masculino – Semifinais (10/11/12)

(10.30 h) INSTITUTO ROSALÍA – PORRIÑO BALONCESTO BASE

(12. 30 h) ESTUDIANTES PONTEVEDRA – SANTYAGO

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram