As “Charlas baixo a Canastra” de Luis Alberto Rey Lama, ao alcance de todos

A Federación Galega de Baloncesto achega, para o interese dos afeccionados ao Baloncesto Galego, e grazas á colaboración desinteresada de Luis Alberto Rey Lama, a posibilidade de consultar íntegras as súas tres publicacións sobre baloncesto.

A través das “conversas que un `superveterano´ establece con un xogador máis novo agrúpanse tres obras – “Charlas baixo a Canastra” para o seu autor – , que se clasifican cunha orde precisa e baixo os seguintes títulos: “Del patio al “siguing”, “¿Quién lanzó una manzana a la cesta que colgaba del árbol?” e “Bodas de platino + 5”.

A recompilación literaria de Luis Alberto Rey Lama, da que hoxe facilitamos unha ligazón(http://issuu.com/la2011) para a súa lectura, está articulada coma unha homenaxe particular do autor ao Baloncesto Vigués e Galego. Unha colección de “Charlas” que como o propio Rey Lama afirma na segunda delas: están elaboradas “sin prisas, con la calma que se precisa para elaborar algo nuevo, aunque en este caso los ingredientes ya están preparados desde hace años”.

0467543001328030365-bodas-de-platino-5-2011   0496219001328030212-quien-lanzo-una-manzana-a-la-cesta-que-colgaba-del-arbol-xaneiro-2010

E tanto é así. O autor, xa retirado na actualidade dos banquiños, atesoura unha dilatada traxectoria neste noso mundo do Baloncesto, establecéndoo como unha voz autorizada do basket vigués. Ex – xogador dos desaparecidos Bosco, Estudiantes e Celta, acadou como técnico os seus logros máis importantes dirixindo ao Estudiantes e Celta Femininos, e convertendo a este último, no primeiro club da cidade en participar en competicións continentais, a mediados da década dos setenta.

Na seguinte ligazón (http://issuu.com/la2011) os afeccionados ao baloncesto que así o desexen poderán consultar completamente de balde as tres obras que, ate o momento, Rey Lama leva tras de si co Baloncesto como eixo central. De seguro que esta marcha non se detén aquí.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram