As categorías infantil e cadete, referente no peche do Programa de Tecnificación FGB

A Área Deportiva FGB culmina este domingo o seu Programa de Tecnificación 2013 – 2014. Farao da man da celebración de dous novos CETIS de carácter AUTONÓMICO nos que os nenos e nenas nados en 1999, 2000 e 2001 serán o centro de atención.

Marcados para celebrarse este domingo, 29 de xuño; en Betanzos (categoría masculina) e Vigo (categoría feminina), ambos os dous Centros de Tecnificación estarán formados por xogadores e xogadoras que durante a temporada 2013 – 2014 tiveron especial peso no traballo de seguimento e control da área deportiva FGB.

Baixo convocatoria pechada, un total de 64 rapaces de toda Galicia (32 xogadores e 32 xogadoras) exercitaranse ás ordes dos adestradores colaboradores FGB e cumprindo o seguinte plan horario:

Categoría Masculina: Betanzos (Pavillón Municipal)

GRUPO 1999/2000: de 10:00 h a 12:00 h

GRUPO 2001: de 12:00 h a 14:00 h

Categoría Feminina: Vigo (Pavillón CUVI)

GRUPO 1999/2000: de 10:15 h a 12:00 h

GRUPO 2001: de 12:00 h a 13:45 h

Centro de Tecnificación – Betanzos, 29/06/14
Centro de Tecnificación – Vigo, 29/06/14

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram