Armando Otero: “Sabemos que se cremos na nosa idea defensiva faremos moito dano”

Cataluña, Aragón, Madrid e Navarra. Esixente e atractivo o calendario que esta edición do 2013 ten reservado para a Selección GAlega Infantil Feminina, dirixida por Armando Otero (C.B. Pontumio).

 

Coas ideas defensivas ben claras e a maior das motivacións, o equipo de Armando está disposto a competir, superando calquera barreira que lles poña no seu camiño o Grupo Especial A
Armando Otero Roberes, Selección Infantil Feminina

Creación do Equipo
“Ao principio desta temporada a formulación era ver no posible ás mellores xogadoras sen importar os seus estilos, senón simplemente a súa calidade para armar un xogo acorde ás diferentes facultades e non ao revés. Cando empezamos a ver as calidades das xogadoras que se ían quedando montamos os xogos e fomos pechando o grupo co que mellor se acomodaba ás ideas que ían xurdindo”.

“Sabemos que é posible que non vaian todas as mellores pero creemos que si levamos o mellor para o grupo. O certo é que no ultimo corte de quince foi moi dificil escoller as doce definitivas”

Xogo: Puntos fortes
“Agora mesmo sabemos que se cremos na nosa idea defensiva faremos moito dano porque collemos ben os conceptos e QUEREMOS defender”

Xogo: cuestións a mellorar
“Quizáis o noso déficit sexa o ritmo nalgún dos ataques e o recoñecemento da opción idónea, xa que para a ofensiva avogamos polo reparto de opcións xa que creemos que hai varias xogadoras con talento para anotar e non queriamos restrinxilo a unha ou a dúas. A falta de partidos amistosos tamén fai que a dúbida permaneza, pero só o saberemos intentándoo no torneo”

Competición: Obxectivos
“Afrontamos o campionato para xogar partido a partido sen ningunha idea preconcibida sobre resultados ou dinámica do torneo. Só a idea de competir cada minuto de cada día, se iso sae ben sabemos que iremos sacando adiante as dificultades e poderemos defender con orgullo a Galicia.”

Selección Galega Infantil Feminina

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram