Deporte Galego

A Mariña reponde positivamente ao Programa de Tecnificación

  • 17 Febreiro 2014 |
Os participantes da cita en Viveiro, ao remate da convocatoria
Os participantes da cita en Viveiro, ao remate da convocatoria

Na xornada deste domingo, 16 de febreiro, A Área Deportiva da FGB trasladou ata o Pavillón Municipal de Viveiro unha nova convocatoria dos seus Centros de Tecnificación Minibasket e Preminibasket, e, en concreto, a terceira que suma a Zona de A Mariña nesta temporada.

A concentración reuniu a un total de 50 xogadores e xogadoras en idade mini e premini (2002, 2003, 2004 e 2005) da Mariña, os cales exercitáronse baixo as ordes de técnicos novos e pasaron así a fomar parte da base de datos da FGB, útil para poder seguir a súa evolución técnica. O bo ambiente que reinou entre todos os participantes, axudou a que o traballo transcorrera o mellor posible.

Dende a División Zonal FGB en A Mariña desexan agradecer a colaboración do Concello de Viveiro pola cesión das instalacións, así como aos clubs que apoiaron esta iniciativa, novidosa, polo de agora, nesta Zona: CB Viveiro, CB Burela, CB Celtas, AD Martínez Otero, Colexio O Pilar, ADC Xove, ED Lourenzá-Mondoñedo, ED Cervo e CB Ría de Ribadeo.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence