Área Deportiva FGB: estrutura de traballo 2017 – 2018

A Dirección Deportiva FGB presenta a súa programación para as importantes parcelas das Seleccións Galegas e o Programa de Detección e Control Técnico na presente temporada 2017 – 2018.

Suxeita a posibles variacións, esta planificación ten como obxectivo equilibrar e facer crecer deportivamente, ao longo de 10 meses de traballo, a todos os xogadores, xogadoras e técnicos participantes, así como, ao noso referente central, á base do Baloncesto Galego.

Nos documentos que se achegan detállase, por separado, o plan de cada segmento e categoría.

Programa Detección e Control 2017 -2018: Preminibasket
Programa Detección e Control 2017 -2018: Minibasket
Programa Detección e Control 2017 -2018: Infantil e Cadete
Seleccións Galegas 2017 – 2018

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram